Presentada a cuarta edición de FairWay, a feira especializada no Camiño de Santiago

1 minutes read

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou na presentación da cuarta edición de FairWay, a feira especializada no Camiño de Santiago que se celebrará do 7 ao 9 de novembro no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia, que conta co patrocinio do Xacobeo 21-22. O encontro, que conta tamén con espazo expositivo, congreso e workshop no que se darán cita empresas especializadas nacionais e internacionais agarda reunir a máis de 4.500 visitantes.
No acto de presentación, no que Nava Castro estivo acompañada polo concelleiro de Presidencia, Relacións Institucionais e Turismo do Concello de Santiago, Gumersindo Guinarte, e os codirectores de Fairway, Ana Trevisani, Manuel Oreiro e Tono Mugico, a directora de Turismo de Galicia aproveitou para poñer en valor a recuperación das feiras presenciais, “especialmente unha especializada coma este, consolidada plenamente como o punto de encontro tanto de profesionais coma de expertos, entidades e público en xeral vencellado co Camiño de Santiago que supón un oportunidade única de reflexión, encontro e creación de sinerxías arredor do fenómeno xacobeo”.