- Celebraranse na cidade portuguesa de Braga entre os días 7 e 12 de xullo
O pavillón Vila de Noia acolleu a presentación da equipación do equipo de basquet feminino concello de Carballo que acudirá a cita de Braga. O acto de presentación do equipo contou coa presenza de Marcos Trigo, concelleiro de Deportes, Francisco García, de Carballo Deporte, Armando Collazo, directivo de Xiria e Joaquín Moreira, presidente do CB Artai. As dez xogadoras (8 de Xiria e 2 de Artai) estarán dirixidas por Héctor Añón e como delegado irá Cristián Lage.
A XIII edición dos Xogos do Eixo Atlántico celebranse do 7 ao 12 de xullo na cidade portuguesa de Braga sucedendo a Lugo, Monforte de Lemos e Sarria, que foron sede na última edición celebrada do 4 ao 9 de xullo de 2017. A cerimonia de traspaso da bandeira dos Xogos do Eixo Atlántico tivo lugar no mes de xullo do pasado ano onde Ricardo Río, alcalde de Braga, reiterou o forte compromiso da cidade coa organización desta competición, que “se asume como unha oportunidade de aproximar os pobos, mostrar o talento da mocidade e a dinámica deportiva e asociativa dos municipios”. Desde a súa orixe esta competición é unha das principais bandeiras do Eixo Atlántico e un factor de gran mobilización de mozos deportistas.