Presentada a escola de fútbol Camariñas-Juan Cabrejo

1 minutes read
  • Case un cento de rapaces participan nesta escola que conta con cinco categorías: biberón, prebenxamín, benxamín, alevín e infantil.

Un total de 96 rapaces e rapazas que forman parte da ‘Escola de Fútbol Concello de Camariñas-Juan Cabrejo’ acudiron á inauguración oficial da mesma este xoves. Ao acto asistiu o exxogador acompañado pola alcaldesa, Sandra Ínsua; o concelleiro de Deportes, Fabián Canosa; e os adestradores Juan Porrúa, Carlos González, Pepucho e Iván Pose. Esta escola conta con cinco categorías: biberón, prebenxamín, benxamín, alevín e infantil.

Os nenos levan entrenando desde o mes de setembro e xa xogaron varios partidos amigables como paso previo á competición oficial da Federación Galega de Fútbol, que comezará este mes.