A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, co director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, e co director xeral de Mobilidade, Ignacio Maestro, presentou este documento que se somete a información pública.
Esta completa ferramenta de planificación transversal da mobilidade contén 5 obxectivos estratéxicos, 19 obxectivos operativos, un conxunto de 12 programas e 98 actuacións.
Este modelo integral de mobilidade está baseado nunha rede de transporte interurbana onde as conexións se planifiquen e complementen os dous grandes modelos de mobilidade en Galicia: a urbana e a rural.
Mediante una acción transversal, o documento proporá avanzar cara a un novo modelo de mobilidade, en gran medida, cun concepto clave, que é a redución de desprazamentos: achegando os servizos aos cidadáns, con teletraballo e coas novas tecnoloxías.
Esta redución tamén se aplicará ás distancias, cunha mellor ordenación do territorio e co fomento de servizos e produtos de proximidade; ás emisións asociadas ao transporte, coa mobilidade peonil, o transporte eléctrico e os vehículos de emisións cero; ou á sinistralidade asociada á mobilidade.