Presentada a moción de censura contra Áurea Domínguez, alcaldesa de Fisterra

1 minutes read
  • O pleno municipal para a aprobación da moción queda convocado para as 12.00 horas do décimo día hábil a partir deste martes
  • O candidato é Luis Ínsua, voceiro do PP co apoio dos seus 4 compañeiros e de Francisco Martínez de AV

O PP de Fisterra e o edil díscolo de Alternativa dos Veciños (AV), Francisco Martínez Traba, rexistraron na mañá deste luns a moción de censura contra a alcaldesa Áurea Domínguez Sisto (AV). A propia rexedora aseguraba a semana pasada que «estamos á espera de que a presenten». Unha situación que xa se barallou cando o edil Francisco Martínez Traba foi apartado pola alcaldesa do grupo de Goberno que formaban os tres membros de AV. Con todo, a lexislación entón impedía que prosperarse, dado que se necesitaría o apoio, ademais do concelleiro díscolo e dos 6 do PP, doutro edil de PSOE ou BNG, algo que naquel intre era improbable.