Presentada a nova agrupación local do Partido Galego no Grove

2 minutes read

Nun acto de prensa o coordinador xeral da formación, Suso Ares, deu conta do traballo estratéxico na implantación territorial. “Estamos cun traballo de contactos en arredor de 200 concellos, e que é de vital importancia estratéxica a nova agrupación de O Grove, tanto polas persoas que a compoñen coa súa traxectoria política como experiencia persoal”, dixo.

O portavoz da Executiva, César Pazos, avanzou na estratexia do PG como partido do País, e que ao igual que fixo o Partido Galeguista con Castelao á fronte, e estes conseguiran implantar o partido antes do 1936 en 90 concellos. Seguiu comentando que o PG ten como obxectivo facer política da gobernanza, do entendemento e de sacar o mellor das potencialidades que temos como pobo.

A continuación o secretario local, Fonso Padín, recalcou a sorte de contar cun grupo local formado por persoas con experiencia política, persoas sensatas e de valores, persoas que van facer que se dea solucións axeitadas aos problemas do Grove, e que entre os retos está camiñar cara unha candidatura municipal con solvencia, útil para o pobo e coa posibilidade de ter unha representación municipal con capacidade para decidir.

En particular será unha boa nova a presentación da Secretaría Local, na que está unha persoa de moi ampla traxectoria galeguista en O Grove e parte de Galicia.

Por outra banda a coordinación territorial, na que está outro compañeiro do Grove, con traxectoria política, empresario do mar e por tanto coñecedor do concello e das súas problemáticas.

E por último o coordinador territorial de Pontevedra, Miguel Míguez, que tamén é do Grove e por tanto membro desta nova agrupación local, informou das agrupacións de outros concellos como Vigo, Baiona, etc. e que están en axenda de presentación en cuestión de meses e de outras moi interesantes. Para rematar dou conta da  previsión en expansión do Partido Galego pola comarca e parte da provincia.