- As actividades desenvolveranse os xoves a partir das 17:30 horas
O Concello de Camariñas, a través da iniciativa ‘Ler conta moito’ da Deputación da Coruña, deu a coñecer o programa de animación da biblioteca municipal. Todas as actividades desenvolveranse os xoves e están programadas para as 17:30 horas.
16 de setembro. A programación arrincará con ‘A verdadeira historia de Hamelin’ de Moc Moc Mere Clown.
23 de setembro. A rapazada de entre 6 e 12 anos poderá participar nunha actividade de robótica educativa promovida pola Asociación Lucense de Tempo Libre. Terá unha duración aproximada de dúas horas.
30 de setembro. ‘Contos’ de Chuches Amil. Dirixida a nenos de entre 3 e 10 anos terá unha duración de 30 minutos.
7 de outubro. Isabel Herrero Díaz impartirá ‘Autores con pegada’, un obradoiro creativo destinado a rapaces de ente 4 e 10 anos. Terá unha duración de 50 minutos.
14 de outubro. ‘Contacontos de animais’, de Lía Magalia, ocupará o espazo da biblioteca. Está pensado para nenos de entre 4 e 10 anos. Durará media hora.
21 de outubro. Fran Rei escenificará ‘O conto de Barriga Verde’ para o público infantil. Durará aproximadamente 55 minutos.
4 de novembro. A programación rematará con ‘Como montar a túa banda de verán’, por Xoan Curiel. Destinada ás crianzas de entre 5 e 11 anos, terá unha duración de 50 minutos.
Todas as actividades serán de balde e será necesario reservar praza no 665 134 490.