Presentada a programación do centenario do pasamento de Pardo Bazán

1 minutes read

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, presentou a programación polo centenario do pasamento de Emilia Pardo Bazán, «tal vez o acontecemento cultural máis importante do ano» ao se tratar dunha figura relevante, «unha desas mulleres que converteron A Coruña na cidade ilustrada e aberta que é». A rexedora sinalou que a súa obra e recordo se sentirán máis se cabe en 2021 a través dunha programación municipal ambiciosa e plural con máis de 40 eventos. Conformaranse todos baixo a silueta inconfundible de Pardo Bazán nun deseño actual, co que se quere poñer en valor o seu legado tinguido de modernidade.

Avance programación #EPB100 (181 KB)