Volve o Festival Noroeste Estrella Galicia organizado polo Concello da Coruña e con el un dos espazos escénicos máis desexados da cidade: a praia de Riazor. “Volvemos pisar a area!”
Desde o mércores 10 ao domingo 14 de agosto 51 concertos encherán durante cinco días de estilos musicais diversos ata 10 enclaves diferentes repartidos pola cidade da Coruña.
Á presentación do festival acudiron Inés Rey, alcaldesa da Coruña, que fixo enfaxe en que “a praia volve para quedarse. É un orgullo poder devolver este festival a area.” Destaca que por primeira vez hai unha dirección artística no festival e resalta a figura de Cristina Toba”; Gonzalo Trenor, delegado territorial da Xunta de Galicia, que destacou que “o noroeste non vai ser nunca un festival máis. Queriamos estar desde a Xunta aquí, non hai moitos en españa así. Lembra a figura de Nonito Pereira como creador”; Antonio Viejo, director de Asuntos Corporativos da Corporación Hijos de Rivera, recalcou que “o noso compromiso coa cidade é desde 1906 e tratamos de achegar valor desde todos os ámbitos. O Noroeste é algo especial, é algo diferente.” e Cristina Toba, directora artística do 35 Festival Noroeste Estrella Galicia, explicou as diferentes tendencias musicais en cada escenario e o carácter internacional do festival.
A programación musical do festival é unha clara aposta polos valores, polo talento autóctono e polas mulleres. Así é que todos os días do festival haberá propostas tanto en galego como lideradas por mulleres. Entre o talento femenino destacan as actuacións de Tanxugueiras, Zahara, Luna Ki, Valeria Castro, Delaporte, Maika Maikovski, Toccororo, Amparanoia, Maruja Limón ou A Pedreira entre outras que en moitos casos comparten acento local con artistas como Baiuca, Néstor Pardo, Alicia Carrera, Dios Ke Te Crew, Familia Caamagno ou Miguel Costas entre outros.
A 35 edición do festival tamén ofrece unha programación internacional de impacto. Así é que A Coruña servirá de porto (nalgúns casos por primeira vez) para artistas estranxeiros como UB40 (UK), Kamaal Williams (UK), Bia Ferreira (Brasil), Ana Moura (Portugal), Thibault Cauvin (Francia), David Walters (Francia), Emir Kusturika (Serbia), Vanessa Collier (EEUU), Aqeelion (EEUU) e Eve Cornelious (EEUU).
CAMBIOS DE HORA: Finalmente o concerto de UB40 terá lugar ás 23:00 horas, mentres que Baiuca será á 01:00 horas.
Os artistas do 35 Festival Noroeste Estrella Galicia porán en escea diferentes estilos musicais, desde o rock, ao blues, pasando polos ritmos latinos, o jazz, ás músicas de raíz ou incluso experimentais conformando un cartel aberto a todos os gustos da cidade.
Se había algo que o público do Festival Noroeste Estrella Galicia quería recuperar era o seu espazo estrela: a praia de Riazor. Este 2022 non faltará no mapa de escenarios. Á praia súmanselle outros novos como é o caso do peirao de transatlánticos. Por un lado, «Volvemos pisar a area!» (como reza o lema deste ano), e por outro, ábrese o porto á cidadanía para gozar del cun espectáculo que terá como fondo unha das imaxes máis recoñecibles da Coruña: as súas galerías.
Este ano tamén regresa ao Festival Noroeste Estrella Galicia o Mercado da Colleita, que estará situado na Praza da Leña durante os cinco días de festival e que contará coa presenza de distintos produtores que participan no proxecto así como con actividades de degustación e divulgación . O Mercado da Colleita é unha iniciativa de impacto social de Corporación Hijos de Rivera cuxo propósito é a transformación do rural nun medio máis próspero, sostible e saudable que xera benestar; a través da investigación, a concienciación e a divulgación de iniciativas inspiradoras que están a transformar o rural.
Os grandes espazos convivirán con outros máis coquetos e intimistas que garantizarán música mañá, tarde e noite na cidade herculina e apostan por novos formatos para o festival como o “Pasacalles” que engade a música en movemento a programación do festival.
O 35 Festival Noroeste Estrella Galicia conta con 10 escenarios en total que son distintos entre si tanto en formato como en acentos musicais:
- Praia de Riazor: A esencia do festival.
- Parque de Santa Margarida: urbana, fusión, rock alternativo.
- Peirao de transatlánticos: visión musical máis contemporánea.
- Campo da Leña: chiscadela ao rock. Mercado da colleita.
- Praza de Azcárraga: noites de jazz, soul e moito máis.
- Fundación Luis Seoane: arte e vangarda.
- Castelo de San Antón: pequenas grandes ‘delicatessen’.
- Cormelana / Sellier: Djs.
- Zona centro rúa Torreiro: Pasacalles animando as rúas coruñesas.
O público fiel a esta cita de verán, incluída nas festas da cidade herculina, poderá gozar do Festival Noroeste Estrella Galicia de forma gratuíta, se ben pode ser preciso realizar unha reserva previa de espazo para algúns recintos con capacidade limitada.
Cartel:
