Transcorridos dous anos de mandato da presente lexislatura, o pacto que permitiu a investidura de David Barbeira como alcalde de Santa Comba cos votos do PSOE, propoñía que a segunda parte do mandato sería para o socialista Jose Antonio Ucha Velo. Pero, Barbeira parece haber dado marcha atrás e non abandonará voluntariamente a alcaldía. Por elo, e tras unha breve xuntanza os 6 edís de PP e 2 do PSOE (Ucha Velo e Cristina Fajín) presentaron por rexistro municipal unha moción de censura, fixada para o martes 15 de xuño, ás 12:00 horas, coa popular María Pose como candidata. Todo esto á espera do que determine a executiva do PSOE, que podería incoar expedientes aos socialistas Ucha e Fajín, en caso de cederlle a alcaldía á candidata do PP.