18
O evento, que coincide co seu 30 aniversario, celebrarase do 30 de xuño ao 4 de xullo no Ifevi. Nesta edición, o salón reunirá a 34 marcas que presentarán todas as súas novidades en 27.000 metros cadrados do recinto feiral. Na presentación estiveron presentes, entre outros, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, o presidente do salón, a presidenta da Deputación, Carmela Silva; a delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias; o delegado de Zona Franca, David Regades, e representantes de Abanca e do Ifevi. As entradas ao Salón do Automóbil manteñen o seu prezo: 7,5 euros a entrada xeral e os nenos ata 10 anos, entrada gratuíta.