39
Un total de catro empresas veñen de presentar ofertas para executar as obras da reforma integral da UCI do Hospital Clínico Universitario de Santiago, nas que a Xunta de Galicia ten previsto investir 1,2 millóns de euros.
A pandemia orixinada polo covid puxo de manifesto novas necesidades, relativas á mellora das condicións de traballo do persoal sanitario da UCI. Isto, xunto a outros aspectos relevantes como a humanización, fai necesaria a reforma da UCI.
A solución proposta é transformar a UCI do Hospital Clínico nunha UCI con cubículos pechados. Esta acción permitirá mellores condicións laborais para os profesionais que alí desenvolven o seu traballo.