Presentado o cartel de ‘O Son do Camiño’

1 minutes read

O festival celebra a súa 3ª edición os vindeiros 16,17 e 18 de xuño, no marco dos concertos do Xacobeo, nunha edición que bate récords de asistencia con 42.000 persoas por día

Este evento volverá situar a Galicia como referente musical e será un dos maiores atractivos culturais este verán, coincidindo ademais co Xacobeo. O Son do Camiño contará co cartel máis grande da súa historia, coas actuacións de The Chemical Brothers, C.Tangana, Sebastián Yatra, Guadi Galego, The Killer Barbies, Furious Monkey House, Liam Gallagher, Budiño, Jason Derulo, Dani Martín, Rigoberta Bandini, Triángulo de Amor Bizarro e Pablo Lesuit, entre outros.

En colaboración coa Consellería de Política Social e Xuventude, haberá un stand específico con actividades lúdico-formativas dirixidas especialmente á xente moza. O Son do Camiño enmarcase na programación de Concertos do Xacobeo, un evento que espallará música e espectáculo por toda Galicia con 300 artistas de primeiro nivel que chegarán a todos os recunchos da comunidade para celebrar un Ano Santo extraordinario.

A directora de Turismo de Galicia , Nava Castro, participou este mércores na súa presentación onde destacou que Galicia volve ser referente musical nesta nova edición do Son do Camiño que conta co cartel de artistas máis grande da súa historia.