Este venres tivo lugar na Biblioteca Rego da Balsa de Carballo, a presentación oficial e do CARTEL do 9ª DIA DO PEQUEBASKET. Cun auditorio a rebordar de público e xogadores da Escola Basket Xiria, que estivo amenizado cunha actuación de MeRe Clown (Moc Moc Espectáculos) cun conta-contos titulado: A verdadeira historia de Hamelín.
O acto contou co presenza do alcalde Evencio Ferrero, que lembrou os 40 anos da fundación da AD Xiria e o gran esforzo que supuxo naqueles tempos (1.983), ao igual que os inicios do Pequebasket. Marcos Trigo, Concelleiro de Deportes, lembrada os seus inicios compartidos en diferentes deportes, dentro de Xiria, co Presidente do Club, Primitivo Reguera, e animaba os xogadores de Basket Xiria a seguir facendo deporte e vinculados dun ou doutro xeito, a este Club. Tamén contou coa presencia do presidente da Federación Galega de Baloncesto, Julio Bernárdez, que facía fincapé no aprendizaxe e respecto (árbitros e xogadores rivais …), que eventos como o Día do Pequebasket inculcan e que a través da campaña o BALONCESTO EDUCA, están a trasladar dende a FEGABA.
Tamén interveu o presidente do Club, Primitivo X. Reguera, para salientar que o DIA DO PEQUEBASKET é un evento de todo o Club e o feito de que os xogadores que iniciaron a actividade fai anos, seguen vinculados a ela traballando e axudando a organizalo, tamén agradeceu o apoio das institucións, empresas e diferentes entidades para un ano máis poder levar a cabo a GRAN FESTA Do baloncesto galego en Carballo, sendo un evento referente a nivel Galego do basquet en idades temperás.
O vindeiro 17 de maio, Carballo volverá a ser a capital do PEQUEBASKET, xuntando a decenas de equipos –en total de 42 inscritos- de BALONCESTO en idade iniciación, cun total de 418 deportistas anotados e 60 persoas organizando esta xornada que fai un atractivo deportivo e turístico a Carballo nesta data tan sinalada no Días das Letras Galegas.