Imaxe de arquivo.- Presentación do Mercadillo CCA o pasado mes de setembro.
34
Este xoves tivo lugar a presentación do II Mercadillo organizado polo Centro Comercial Aberto de Carballo. O evento terá lugar os días 20, 21 e 22 de setembro no segundo andar do mercado municipal. Nesta edición, como novidade, a apertura será o venres día 20 as 17:00 horas e permanecerá aberto ata ás 21:00 horas. O sábado 21 o horario será de 10:00 a 14:30 e de 16:30 a 21:00 horas, xa o domingo 22 de setembro estará aberto de 10:00 a 15:00 horas. Nesta edición participarán un total de 22 establecementos de diferentes actividades comerciais, maioritariamente relacionados co mundo da moda, que ofrecerán produtos e servizos a prezos de ganga. Na presentación celebrada este xoves no hall do mercado municipal estiveron presentes varios socios, membros da xunta directiva do CCA, a xerente da entidade Mª Carmen Freire e o alcalde de Carballo Evencio Ferrero.
Promo do Mercadillo do CCA Carballo.A xerente do CCA Carballo, Mª Carmen Freire, foi a encargada de dar a coñecer os detalles do Mercadillo, na presenza do alcalde Evencio Ferrero, directivos e socios da entidade.