O ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luís Planas, presentou ás organizacións profesionais agrarias un paquete de medidas, “sólido e traballado”, para dar resposta ás inquietudes dos agricultores e gandeiros que foron trasladadas ao Gobierno na reunión celebrada o pasado día 2.
Trátase de 18 medidas que se articulan ao redor de sete bloques e teñen que ver coas principais aspiracións expostas naquela reunión, mellora na aplicación da lei da cadea, a simplificación dos trámites burocráticos e normativa da Política Agraria Común (PAC) e acordos comerciais, entre outros.
A aplicación destas medidas afectan a competencias da Unión Europea -as relativas ás PAC e aos acordos comerciais con terceiros países-, ao Gobierno e ás comunidades autónomas.
O ministro destacou que estas propostas son froito do traballo, diálogo e compromiso do Goberno para responder os agricultores e gandeiros e anunciou que na próxima semana continuará o traballo técnico coas organizacións agrarias para avanzar na definición das medidas, moitas das cuales estarán condicionadas aos resultados do Consello de Ministros de Agricultura da Unión Europea que se celebrará o próximo día 26. O vindeiro luns, o ministro reunirase coas comunidades autónomas en Consello Consultivo para preparar o devandito Consello.