A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, presentaron os actos da Festa da Rosa, que contará coa actuación de David Bustamante o vindeiro venres 9 de xuño no campo de fútbol das Baloutas.
A directora de Turismo de Galicia puxo en valor o evento, incidindo en que a través deste tipo de iniciativas, Galicia convértese nun importante reclamo para os turistas que se achegan á nosa terra grazas a unha oferta turística diferenciada e de calidade.
As rosas de Mos serán as protagonistas dende o vindeiro 23 de maio ata o 13 de xuño onde as 10 parroquias do concello se involucran con esta festa. Ademais, haberá xuntanza de palilleiras, festival de corais, teatro e diversos actos deportivos.