Presentan un protocolo para fomentar condutas responsables entre os usuarios do transporte escolar


A Xunta e Stop Accidentes presentan un protocolo con 49 recomendacións para fomentar condutas responsables entre todos os usuarios do transporte escolar. A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, xunto co delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, e a delegada da asociación Stop Accidentes en Galicia, Jeanne Picard, presentou hoxe en rolda de prensa un manual de seguridade viaria e boas prácticas para usuarios do transporte de escolares.

Vázquez Mourelle indicou que se trata dunha guía didáctica que ofrece unha serie de recomendacións e consellos orientados á comunidade escolar: alumnado, familias, acompañantes, condutores e demais persoas usuarias.

A elaboración deste manual e do protocolo é unha nova actuación recollida no convenio que a Xunta e Stop Accidentes asinaron en marzo para levar a cabo accións orientadas a fomentar a seguridade viaria. Neste sentido, Stop Accidentes redactou este compendio de bos hábitos dirixido a 5 actores principais: alumnado, familias, usuarios do bus compartido, acompañantes e condutores.

Declaracións da conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez.