Un total de tres galegas e galegos son os que formarán parte en calidade de vogais, das oito
comisións que a Real Federación Española de Atletismo (RFEA) acaba de facer públicas e que actuarán, segundo contemplan os seus propios Estatutos, como órganos de funcionamento da citada entidade.
Na Comisón de Clubs estará a Sociedad Gimnástica de Pontevedra quen forma parte da
Asemblea Xeral da RFEA. O club Pontevedrés é na actualidade o único equipo galego
masculino que milita na máxima categoría nacional xunto ao Ría Ferrol que o fai na categoría
feminina.
Outros dos membros que pertence a Asemblea Xeral e que foi nomeado para formar parte
da Comisión de Xuíces é o viveirense Guillermo Sandino pertencente ao panel de Xuíces
Internacional de Marcha da AEA e que xa fora nomeado mellor xuíz novel nacional no ano
2015.
Por último e como novidade destacada, figura o nome na Comisión de Inclusión e
Diversidade da ex-atleta internacional dos anos oitenta nos 100 valos, María José Martínez
Patiño quen a diferencia dos xa citados, non forma parte da Asemblea Xeral. No seu amplo
curriculu figura o de profesora de Ciencias da Educación na Universidade de Vigo e membro
da Comisión Bioética do COI.
Lembramos que xunto as nomeadas, forman parte da RFEA para o periodo 2021-2024
a Comisión de Atletas, Atletismo Máster, Adestradores, Muller e Atletismo, e a Comisión de
Organizadores.
24