Presos políticos independentistas recolleron hoxe as súas actas no Congreso

1 minutes read

Os cinco presos políticos electos nas pasadas eleccións xerais, acudiron este luns ao Congreso pouco despois das 10 da mañá para recoller as súas actas de deputados.

Oriol Junqueras e Raül Romeva, de ERC, e Jordi Sànchez, Josep Rull e Jordi Turull, de Junts per Catalunya, que se atopan en prisión preventiva no cárcere de Soto del Real, tramitaron tanto no Congreso coma no Senado as súas respectivas actas parlamentarias, baixo custodia policial.

Todos foron recibidos entre aplausos por máis dunha decena de parlamentarios de ERC liderados por Gabriel Rufián, ademais dos dirixentes de JxCAT Laura Borràs e Míriam Nogueras e de EH Bildu, Jon Iñarritu e Marian Beitialarrangoitia.