Un grupo de senadores republicanos e demócratas alcanzaron un principio de acordo para aumentar o control sobre as armas de fogo. Segundo un comunicado, o acordo dos 20 senadores -10 demócratas e 10 republicanos- inclúe unha revisión do proceso de compra de armas para os menores de 21 anos e a extensión das chamadas leis de «alerta de perigo», xa vixentes en estados como California e Nova York. Estas permiten confiscar as armas de fogo de quen represente un perigo para terceiros ou para si mesmos. Todo apunta que o acordo bipartidista logrará os apoios necesarios para ser aprobado no pleno do Senado, onde os demócratas gozan dunha moi axustada maioría e necesitan apoios republicanos para sacar adiante case calquera iniciativa. Ademais de restrinxir lixeiramente o acceso ás armas a determinadas persoas e en segundo que circunstancias, o acordo tamén inclúe máis fondos para recursos de saúde mental e para reforzar a seguridade nas escolas.
28