Primeiro día da ABAU, proba á que se presentan 11.400 mozos galegos

1 minutes read

Este mércores comezaron as probas da ABAU (Avaliación de Bacharelato para o Acceso á Universidade), que durarán ata o venres e ás que se presentan máis de 11.000 galegos.

As probas comezaron ás 9 da mañá coa presentación das mesmas e sobre todo co nomeamento das normas, que este ano son máis estritas.

Meses de estudo e de esforzo terán que ser plasmados nun papel nestes días, para poder conseguir unha boa media que lles permita aos estudantes acceder á carreira desexada.

O primeiro exame foi o de lingua e literatura castelá, seguido do de historia. Pola tarde os estudantes terán que enfrontarse aos exames de lingua galega e da primeira lingua estranxeira elixida.