Os barcos de litoral galego afrontan hoxe o primeiro día con parte dos seus caladoiros pechados, polo regulamento europeo que prohibe traballar en 87 áreas con corais ou esponxas. Os armadores agardan que non haxa problemas de convivencia entre as distintas frotas, como tampouco houbo onte no Gran Sol, onde os barcos de fondo tiveron que abandona-las zonas vedadas.
O presidente da Alianza Europea de Pesca de Fondo, Iván López, comentaba o pasado luns que «Non houbo grandes incidencias, salvo o que diciamos de que houbo desprazamentos cara ás zonas abertas e unha concentración de buques nesas zonas. Toda a frota está moi concienciada de cal é o problema e todo o mundo está concienciado de cal é o motivo polo que pode haber desprazamentos de barcos a zonas onde non traballaban antes. Esperemos que non haxa incidentes».
Iván López di que todo o sector se sente defraudado e doído coa Comisión Europea, porque «Europa non trata a todos por igual» e acusa a Bruxelas de ser «populista e ecoloxista».