38
- A primeira foi unha muller de 92 anos que dera positivo na proba, tamén falece un home de 81 anos con varias patoloxías ingresado no Hospital de Montecelo en Pontevedra.
A Consellería de Sanidade vén de confirmar este sábado o falecemento dunha muller de 92 anos, con múltiple patoloxía, que se atopaba ingresada no Hospital Povisa de Vigo, e que dera positivo na proba de coronavirus. Tratábase dun caso importado, e tamén falece un home de 81 anos con varias patoloxías ingresado no Hospital de Montecelo en Pontevedra.
Datos oficiais de casos positivos por coronavirus en España segundo o Ministerio de Sanidade. Actualización 12:00 h deste sábado:
Andalucía 269, Aragón 80, Asturias 92, Baleares 28, Canarias 90, Cantabria 31, CLM 289, CyL 223, Cataluña 509, C.Valenciana 130, Extremadura 66, Galicia 115, Madrid 2940, Melilla 3, Murcia 47, Navarra 146, País Vasco 417, La Rioja 278. TOTAL 5753