A Audiencia Provincial de Madrid condenou a David Bárcena, membro da organización criminal Dominican Don’t Play, a prisión permanente revisable polo asasinato do rapeiro Isaac López. Trátase da segunda condena a prisión permanente revisable a un membro de bandas xuvenís en España, e David Bárcena, que agora ten 20 anos, convértese na persoa máis nova condenada desta forma.
A sentenza tamén establece que Bárcena terá que indemnizar á nai e á irmá da vítima con 175.000 e 50.000 euros, respectivamente.
O rapeiro Isaac López, de 18 anos de idade, foi asasinado o 14 de xullo de 2021, vítima de catro puñaladas asestadas no túnel da rúa do Comercio, en Madrid. Bárcena foi xulgado por un xurado popular, que o declarou culpable de asasinato con aleivosía e pertenza a banda criminal, e considerou, ademais, que a vítima era especialmente vulnerable, polo que as acusacións pediron para el prisión permanente revisable.