Prisión sen fianza para o mozo acusado de matar ao seu pai en Esteiro

1 minutes read

O titular do Xulgado de Instrución número 1 de Muros decretou este luns prisión sen fianza para o mozo de 19 anos acusado de matar o seu pai en Esteiro o pasado venres. Durante a súa comparecencia ante o xuíz, o investigado acolleuse ao seu dereito a non declarar. Mentres, prosegue a investigación para aclarar as circunstancias do crime.

Antes de pasar a disposición xudicial, nas súas primeiras declaracións ante os axentes,  o mozo negou a autoría dos feitos e mantivo a versión de que foron uns descoñecidos os que entraron no domicilio de seu pai e o mataron.

A hipótese barallada polos investigadores é que o mozo, de 19 anos e con problemas de drogadicción, matou o pai atacándoo polas costas e asestándolle golpes mortais cun machete na cabeza. Está por determinar tamén o móbil do crime.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?