Probas de funcionamento das sirenas de aviso á poboación de 32 presas galegas

1 minutes read

As probas teñen lugar este luns e o martes, días 20 e 21 de xuño, unha activación de proba das sirenas de aviso á poboación adscritas a un total de 32 presas con Plan de Emerxencia.

En total, durante a proba sonora activaranse máis de 70 sirenas situadas por todo o territorio coa colaboración dos titulares das infraestruturas, isto é, Alcoa, Endesa, Iberdrola, PHG e Naturgy (antiga Gas Natural Fenosa) e Augas de Galicia.

Tamén participará persoal dependente da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda así como membros de Protección Civil dos concellos afectados, xunto con persoal da Confederación Hidrográfica Miño Sil.

Así mesmo, activaranse as catro sirenas adscritas ao plan de emerxencia exterior da balsa de lodos vermellos, situada en Xove.

Este luns de aviso audible será na da presa de Salas, en Muíños e a partir de aí as probas desenvolveranse ata na presa dos Peares. Ao día seguinte, o martes 21 de xuño, retomáranse as probas, que comezarán ás 09,00 horas na presa de Vilgaduin, en Tordoia, e rematarán ás 15,00 horas na presa de Belesar.

Estas probas non afectarán á actividade diaria dos veciños. En calquera caso, a poboación dos lugares nos que o aviso será audible será informada da proba e das medidas de autoprotección previstas en caso de emerxencia.