Problemas de freos provocan o abandono de José Lamela e Daniel Pérez no Rallye de Ferrol

1 minutes read

A participación de José Lamela e Daniel Pérez no Rallye de Ferrol saldábase co abandono cando se dispoñían a completar os tres tramos da última das catro seccións previstas. Tras saír da asistencia no recinto feiral FIMO, o piloto residente en Ames constatou que os freos seguían sen funcionar da forma máis óptima no seu Citroën Saxo VTS, un problema que xa viña producindo desde que comezara a proba na tarde do venres. Así e para evitar males maiores, decidían retirarse nunha tempada na que non están a ter sorte coas avarías, pois non puideron completar ningún dos dous rallyes disputados este ano.

Lamela finalizaba a primeira etapa no posto 50, polo que o seu obxectivo para a segunda era tentar recuperar posicións, pero quedaba coas ganas de facelo e agora haberá que esperar a futuras participacións nunha tempada moi incerta, aínda que o máis inmediato será “facerlle unha profunda revisión ao coche para que avarías como esta ou a da Coruña, onde rompemos un palier, non volvan suceder”, comentaba o piloto da Escuadra Yacar Racing.