Procesión en Carballo e todo a punto para velar por unhas festas seguras

1 minutes read

Así de impecables e estreando uniforme de verán, dispoñíanse a participar nos actos do patrón San Xoán Bautista, parte do persoal da Policía Local de Carballo co seu oficial Roberto Mosquera á cabeza e acompañado para a ocasión do capitán Taboada, xefe principal do posto da Garda Civil de Carballo. Ademais da participación nos actos relixiosos e oficiais, tamén teñen por diante o importante labor de velar pola seguridade de todos e todas.

Cabe destacar que a Concellaría de Igualdade e Benestar do concello de Carballo aproveita as festas de San Xoán para lanzar unha nova campaña que ten dous obxectivos moi claros: por unha banda pretende sensibilizar á mocidade contra o acoso e as agresións sexuais e, por outra parte, por de manifesto un consumo responsable de alcohol.

Carballo en festas, agresións 0’0” é o lema desta iniciativa, que arranca agora pero que esperan se estenda por outros ámbitos, como verbenas, festas ou locais nocturnos.

Tras a misa, a procesión e a actuación da banda municipal, a festa segue cos concertos musicais e as mellores orquestras.

Procesión do San Xoán pola Praza de Galicia de Carballo.