- Os usuarios poderán ser sometidos a un control de alcoholemia ou drogas
Desde este sábado en España queda prohibido circular polas beirarrúas e zonas peonís cos patinetes eléctricos. Tampouco poderán facelo por túneles urbanos, autopistas ou autovías. Ademais, estes non poderán superar os 25 quilómetros por hora.
Esta é unha das novas normas de tráfico que entraron en vigor este 2 de xaneiro do 2021. Cabe destacar que os usuarios deberán cumprir coas normas de circulación coma o resto de vehículos, polo que poderán ser sometidos a controles de alcoholemia ou drogas.
O 12 de maio tamén entrarán en vigor as normas referidas á velocidade permitida nas cidades: 50 quilómetros por hora en vías de dous ou máis carrís, 30 quilómetros por hora nas dun único carril por sentido de circulación, e 20 quilómetros por hora nas que dispoñan dun carril único na calzada.
Estas modificacións, que xa foron publicadas no real decreto no BOE, aínda se porán en marcha dentro duns meses para que os concellos adapten a súa sinalización e as súas vías aos cambios.
Queda pendente, polo de agora, establecer se será necesario o seguro obrigatorio para este tipo de vehículos.