Proposta de Afaber na Laracha dentro do programa municipal de envellecemento activo

1 minutes read

O Concello da Laracha pon en marcha da man de Afaber unha proposta dentro do programa municipal de envellecemento activo chamada Conecta Contigo. O proxecto desenvolverase dende o mes de outubro do 2026 ata xuño do 2027 pasando polas parroquias de Soandres, Erboedo, Lemaio, Vilaño, Caión, Golmar e Coiro.


A iniciativa pretende levar a cada unha delas 4 sesións que tratarán temáticas como as emocións, a risoterapia, a musicoterapia e a aromaterapia. Todos os obradoiros estrarán dinamizados pola educadora social de Afaber, Mónica Martínez, quen xa dinamizou o Taller de Intelixencia Emocional levado a cabo neste mesmo concello no programa do ano 2025-26.

As sesións desenvolveranse os venres de 11:30 a 13:00h en edificios emblemáticos das parroquias. Este venres 9 de outubro terá inicio en Vilaño, primeira parroquia en iniciar o programa, onde se extenderá ata o venres 30 de outubro.