Proposta para converter 144 profesionais dos servizos sociais en traballadores a tempo completo 

1 minutes read

Así se recolle na proposta de acordo sobre as condicións especiais de traballo do persoal dos centros de xestión propia da Consellería de Política Social e Xuventude que foi trasladada ás organizacións sindicais para a súa negociación.

Este acordo tamén inclúe unha dobre compensación para os profesionais que traballen en domingos e festivos: proponse implantar unha retribución económica nova para remunerar estas xornadas e un descanso adicional polo traballo neses días.

Así, os postos con xornada inferior á ordinaria anual converteranse en postos de xornada completa anual, e ademais, en canto ao traballo en domingos e festivos, establécese unha compensación económica por cada grupo de catro domingos e/ou festivos traballados e dous días adicionais de descanso.

Por outra banda, aqueles traballadores que por necesidade do servizo teñan que traballar os días 24 e 31 de decembro serán compensados cunha retribución específica similar á de día festivo.

Ademais, o documento recolle medidas de conciliación para os traballadores dos servizos sociais que traballan a quendas e que benefician ao seu descanso semanal.