39
Os sindicatos de profesionais sanitarios convocaron este martes concentracións para esixir máis material de protección, máis tests e o incremento de persoal nos hospitais. O peche da UCI do Hospital Montecelo de Pontevedra desencadenou as protestas. Os traballadores denuncian que non se teñen en conta posibles brotes e agravamentos da pandemia. Pola contra, a dirección do centro defende que as reformas na UCI de Montecelo suporán un reforzo por se se producise unha segunda vaga de contaxios.