PSA-Vigo incorpora 600 novos traballadores

Hai un mes comezaba a produción en serie do novo todo camiño. Agora a factoría de Balaídos refórzase coa posta en marcha dunha segunda quenda con seiscentos novos traballadores. Deste xeito, a produción diaria pasa dos 250 aos 700 vehículos.

Está previsto que en xaneiro entre unha quenda de noite coa que a planta recuperará as tres quendas e acadará a cadencia máxima con 2.300 vehículos diarios. Se se cumpren as expectativas de venda o fabricante francés incorporaría ata unha cuarta quenda á planta viguesa.

Así a cadencia aumentará ata chegar aos 250.000 vehículos anuais do novo modelo, que comezará a comercializarse a finais de ano.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha