Trátase dunha medida que afectará aos seus 7.000 traballadores. Pecha todos os seus centros de produción de Europa para tratar de frear a expasión do coronavirus que tamén está a afectar ao seu plantel ante a falta de subministros. A medida afecta a preto de 140.000 empregados, 51.000 deles en Francia.
O peche será ata o 27 de marzo e realizararase de xeito escalonado, este luns comezaron coas factorías de Madrid e Francia, o martes Zaragoza e o mércores pecharán Vigo e Mangualde, en Portugal.
Nun comunicado, PSA explicou que a decisión tomada polo presidente do Consello de Administración e a unidade de crise débese á aceleración do número de contaxios observados nas proximidades dalgúns deses centros, polos problemas de aprovisionamento e pola abrupta caída das vendas de coches.