PSdeG, BNG e Galicia en Común suspenden os actos na Mariña

1 minutes read
  • Todos os partidos da oposición repróchanlle a Feijóo haber convocado eleccións cando a previsión de rebrotes do coronavirus era una evidencia.

O candidato socialista, Gonzalo Caballero, considerou que “sería positivo” que o presidente da Xunta e candidato popular, Alberto Núñez Feijóo, informase o “líder da oposición” do que está a ocorrer en relación aos rebrotes en Galicia para poder facer un seguimento. “Nós eramos partidarios de esperar a que se producise toda a desescalada e despois asentar a nova normalidade para ver como era a evolución do virus antes de convocar as eleccións”, explicou Gonzalo Caballero, que volveu a criticar a “decisión unilateral” de Feijóo e pediu aos cidadáns que “extremen as precaucións”.

Ana Pontón, candidata do BNG, pregúntase “Onde está o plan do Goberno ante un rebrote da pandemia na Mariña, cando estamos a falar dunha cuestión de saúde dos galegos”, quen ademais dixo que “tivo catro meses para facelo”. A líder nacionalista tamén envía unha mensaxe de “ánimo, tranquilidade e de confianza” ás persoas afectadas polo novo coronavirus na Mariña.

Galicia en Común-Anova Mareas tamén suspendeu os actos previstos na Mariña, Xosé Manuel Beiras reprocha ao presidente da Xunta e candidato popular, Alberto Núñez Feijóo, esta situación por convocar eleccións cando eran previsibles, dixo, estes “rebrotes”.