Así o confirmaron as dúas formacións nun comunicado conxunto no que precisan que se trata da cuarta ocasión na que se reúne “o espazo internacional acordado no pacto de investidura do presidente Pedro Sánchez”, aínda que non desvelan nin a data do encontro nin os asistentes ao mesmo. Fontes socialistas confirmaron posteriormente que a reunión tivo lugar o pasado venres. Aseguran que na cita “púxose en valor” a recentemente aprobada lei de amnistía, un trámite que, segundo apuntan, “era unha das condicións pactadas para poder abordar a resolución do conflito político” en Cataluña. A aprobación da lei “permitirá ás partes poñer en marcha os equipos de traballo nos dous grandes ámbitos acordados, que se engadirán aos que xa existen no ámbito da lingua catalá e da lei de delegación de competencias en inmigración, e asegurar o cumprimento do acordo de Bruxelas”, conclúen.
26