Trátase dun acordo que alcanzaron o Presidente do Goberno, Pedro Sánchez e o líder da oposición Alberto Núñez Feijóo o pasado día 22 e que pretende eliminar o termo “diminuídos” do texto e actualizar a protección de dereitos das persoas con discapacidade, solicitando a súa tramitación polo procedemento de urxencia e lectura única. O acordo inclúe un calendario da citada proposición co obxectivo de que sexa aprobada en xaneiro do ano entrante. O ministro da Presidencia, Xustiza e Relación coas Cortes, Félix Bolaños, reuniuse este xoves coa secretaria xeral do Partido Popular, Cuca Gamarra, para ultimar os detalles dun acordo que alcanza o carácter de demanda histórica das organizacións que representan ás persoas con algún tipo de discapacidade en España. O ministro Bolaños referiuse ao acordo como “un éxito para a sociedade española no seu conxunto e para as persoas con discapacidade intelectual” e asegurou que saldaron unha “débeda” pendente desde hai lustros.
24