Publicada no DOG a nova convocatoria da Tarxeta Benvida para este ano

2 minutes read

Diario Oficial de Galicia (DOG) deste xoves publicaba as bases que rexen a concesión da Tarxeta Benvida para as familias con nenos nados este ano 2024. A Xunta destina a estas axudas económicas un orzamento total de 31,4 millóns de euros. 

Esta nova convocatoria presenta dúas novidades importantes: A primeira é a concesión da Tarxeta Benvida a mulleres embarazadas a partir da semana 21 da xestación para que estas familias poidan utilizala en compras previas ao nacemento, posto que é un momento no que os pais xa adquiren produtos que necesitarán cando chegue o bebé, por exemplo: un berce ou un dispositivo para poder levalo no coche. Ata agora as mulleres embarazadas podían solicitar a tarxeta pero a concesión facíase unha vez que nacía o neno, e con esta novidade disporán da axuda xa durante o embarazo. 

A segunda das novidades é a concesión da Tarxeta Benvida ás familias que acollan de xeito permanente a un ou máis menores de ata 3 anos de idade. O obxectivo desta medida é fomentar o acollemento familiar. 

Con carácter xeral, a contía da axuda que reciben a través deste programa as familias que cumpren cos requisitos é de 1.200 euros por cada fillo durante un ano a razón de 100 euros ao mes. Esta contía duplícase para o terceiro fillo e sucesivos e increméntase un 25% para as familias que viven en concellos de menos de 5.000 habitantes. Así mesmo, a Tarxeta Benvida pode estenderse ata os 4 anos de vida do neno naqueles fogares especialmente vulnerables.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?