Putin asegura que a economia rusa «resiste bastante ben» as sancións de Occidente

0 minutes read

O presidente ruso  Vladímir Putin explicou na localidade de Sochi durante unha visita do seu homólogo bielorruso Alexander Lukasenko que  aínda que «o que está a pasar agora require unha atención particular» a economía rusa «está a resistir o golpe». O presidente bielorruso Alexander Lukasenko chamou á ONU para evitar que a invasión de Ucraína desemboque en guerra mundial e explicou que a súa economía «esta cobrando forza cunha intensidade inesperada». Máis aló mesmo, Lukasenko asegurou que as sancións lles viñeron ben para poñer os medios para dinamizar a súa propia economía.