
A plataforma cidadá Queremos Galego está a artellar unha serie de iniciativas de reivindicación da lingua de cara ao 17 de maio. As propostas, iso si, veñen marcadas polo distanciamento social, polo que non haberá actos programados na rúa.
Dende a plataforma instan á cidadanía a pendular dende as fiestras e os balcóns a bandeira galega, ademáis dunha serie de cartaces descargables na súa web. A mediodía está prevista unha manifestación virtual a través das redes con mensaxes escritas en galego, ademáis de contido audiovisual. E para rematar, a última acción que promoven dende a asociación consiste en saír á fiestra ás 13:00h para cantar “A fala” de Manuel María.
Queremos Galego explica esta campaña como un xeito de procurar xustiza, igualdade e cohesión para a lingua propia.