Rajoy declarou este mércores por videoconferencia despois do expresidente do Goberno José María Aznar e negou tallantemente recibir ningún tipo de sobresoldo da caixa B do PP. Asegurou que «non hai ningunha caixa B do PP», senón que «haberá uns papeis de Bárcenas» que el «terá que explicar», e afirmou: «Empeza a ser unha vergoña todo o que estamos a vivir». «Non houbo unha caixa b e nunca triturei o que nunca tiven nas miñas mans», indicou Rajoy durante a súa comparecencia como testemuña no xuízo polo presunto pago de case un millón de euros da reforma da sede do partido a conta da suposta caixa B. Desa forma, tachou de «absolutamente falso» que destruíse parte dos famosos «papeis de Bárcenas», como sinalou o extesoureiro do PP. Indicou que coñeceu esas anotacións ao publicarse nos medios en 2013, de modo que é «metafísicamente imposible» que os puidese destruír.
31