Novos retos para José Lamela e Daniel Pérez, que este sábado comezan a súa participación no Campionato de Galicia de Rallyes na Coruña, primeira cita da tempada, pero con cambio de coche con respecto á pasada xa que o Citroën Saxo VTS que utilizaran nos dous últimos anos dará paso a un máis competitivo e moderno Citroën DS3 R3 T adquirido ao lugués Pablo Silva. Iso conleva tamén un cambio de categoría, pois se ata o de agora participaron na Copa Top Ten C, neste 2022 farano na B onde se terán que medir contra mecánicas superiores pois se admiten coches de tracción total mentres o seu é de tracción dianteira e con menor potencia que os citados. Con todo, o piloto de Ames confía en lograr bos resultados e en dar un paso máis na súa traxectoria deportiva nunha copa que contará unha gran participación con 21 equipos rexistrados.
20