19
Ramón Suárez-Pumariega volve á casa. Despois de 4 anos fóra nos que estivo xogando en Atlético Novás, FC Barcelona B e Oar Gràcia Sabadell, o pivote e defensor central carballés volve ao Calvo Xiria para reforzar ao equipo nunha nova e ilusionante tempada.
Ramón afirma: “Para mín supón unha alegría indescriptible poder volver a xogar na casa tras 4 anos fóra. Estou desexando comezar, é un ano moi moi ilusionante. Forza Xiria!!!!!”