Razo e Baldaio tampouco se libraron da carabela portuguesa

0 minutes read

Os areais carballeses non se libraron do varamento masivo de carabela portuguesa ao que estivo especialmente exposta a costa coruñesa. Este martes o Servizo Municipal de Protección Civil retirou máis de 600 exemplares das praias, pero quedan aínda moitísimas. Se visitades os areais recomendan ter coidado de non tocalas, xa que a picadura destes organismos provoca, como mínimo, unha dor moi intensa.