Reaberto o acceso á autovía na zona da Revolta en Carballo

Desde este martes operarios da empresa concesionaria comezaron a repoñer a sinalización habitual e abriron o acceso á autoestrada AG-55 e á autovía da Costa da Morte dende o quilómetro 35 da AC-552 ubicado na zona da Revolta en Carballo. Este acceso de entrada e saída levaba pechado seis meses, coa finalidade de acometer as obras proxectadas por Augas de Galicia para evitar un efecto tapón no cauce do río e polo tanto as inundacións e o desbordamento do Anllóns. A apertura era tamén unha demanda urxente dos comerciantes da zona e de Coristanco, quenes afirmaron recentemente nunha concentración perdas de ata o 20% nos seus negocios polo peche deste trazado.

Related posts

O BNG acusa o PP de votar contra a veciñanza de Carballo e Malpica negándose a “facer os deberes” na mina do Monte Neme

O Concello de Malpica fai un chamamento ao civismo e á responsabilidade colectiva na celebración da Festa da Mikaela

Convocada unha protesta diante do Concello de Coristanco en contra das antenas de telefonía preto das casas