29
- As medidas de aforo estarán limitadas polo momento a 25 persoas
O Ecomuseo Forno do Forte en Buño, Malpica, abrirá de novo as súas portas a partir deste sábado 30 de maio, aínda que o aforo estará limitado polo momento a 25 persoas debido á crise sanitaria da COVID-19.
Desde o Concello recoméndalle aos usuarios que acudan con máscara sanitaria ás instalacións, onde ademais se lles facilitará xel hidroalcólico.
Desde o goberno local apuntan a esta acción como ‘un dos puntos dentro deste desescalamento. Temos que comezar gradualmente a reintegrarnos na vida que tiñamos con anterioridade, pero sempre con prudencia”, aseguran desde o Consistorio malpicán.