31
Os representantes do PP, Vox e Ciudadanos eloxiaron o discurso do rei Felipe VI, que instou a confiar en España e a non caer na autocrítica destrutiva. O PSOE tamén defendeu que o rei “identificou con nitidez” os retos de España na súa mensaxe “de esperanza e confianza”. Podemos afirmou que Felipe VI rectificou “” o seu discurso sobre Cataluña e mostrou “mellor olfacto político” tras o vivido o 1 de outubro. O president da Generalitat, Quim Torra sinalou que “O que é unha seria preocupación é o Estado español hoxe en Europa. Un Estado que vulnera os dereitos humanos. Un Estado que incumpre as resolucións dos tribunais de Xustiza europeos”.