Realizado o cuarto sorteo de Nadal do CCA Carballo

1 minutes read

Este luns 4 de xaneiro, ás 21:00 horas, o CCA de Carballo procedeu ao cuarto dos sorteos da campaña de Nadal, entre as papeletas despachadas nos establecementos hostaleiros participantes na promoción.

O premio consiste en cinco cheques compra, de 50 € cada un, que serán consumibles nos comercios adheridos ao CCA Carballo.

No sorteo estiveron presentes Shirley Rodríguez Saulliaco, Elena Alcoba García, Juan José Otero Pérez e Emilio Cousillas, premiados da semana anterior, e que actuaron como man incocente, e Mª Carmen Freire Areosa, xerente do CCA.

Premiados deste cuarto sorteo:

Resultaron premiados: Manuel Villar Rodríguez, Emilio Teijeiro Recarey, Rosángela Nonas da Paixón, Dolores Pombo Eirís e Jesús Rodríguez Cancela.

Nese mesmo acto entregáronse os premios da semana anterior a: Shirley Rodríguez Saulliaco, Elena Alcoba García, Juan José Otero Pérez e Emilio Cousillas.

Tras este último sorteo da hostalería queda pendente de sortear o premio final de 300 € mensuais durante todo o ano 2021.

As papeletas para participar neste sorteo poderán depositarse, ata o día 9 de xaneiro, na urna situada a tal fin fronte á casa do concello de Carballo.