Realízanlle test serolóxicos a todo o persoal do Bergantiños FC

No campo municipal das Eiroas, personal sanitario da Clínica Carballo realízoulle este sábado test serolóxicos a todos os xogadores, técnicos e persoal auxiliar do primeiro equipo. O Bergantiños prepara os encontros amigables que disputa contra o Fabril o día 26 e o Deportivo da Coruña o 3 de outubro. Todo aínda coa incerteza de saber si poderá entrar público ao campo.